Este blog tratará o tema do alcol relacionado con nenos e nenas que van dende os 0 aos 6 anos. Vai adicado preferentemente a educadores para mellorar e axudalos na súa práctica docente mediante información e actividades que iremos publicando semanalmente.
Esperamos que sexa da vosa axuda e interese.
Ola no meu primeiro post quero deixar este enlace onde poderemos ver unha presentación en Power Point sobre as enfermidades que provoca a nai cando bebe alcol durante o embarazo xa que me parece importante que primeiro saibamos que enfermidades poden causar esta acción porque moitas veces non sabemos de onde vén esa enfermidade.
Este vídeo e esta noticia móstrannos de xeito claro e conciso, baseándose nunha historia real, os nocivos e irreparables danos que causa para o feto a inxecta de alcol durante o período do embarazo.
O síndrome alcólico fetal é 100% evitable, o único requisito imprescindible é que durante o embarazo a nai non tome ningún tipo de bebida ou alimento que conteña este compoñente; unha medida sinxela de prevención pero que en moitos casos non se ten en conta.
Hoxe en día os médicos son incapaces de determinar con rigor cal é a cantidade de alcol que pode consumir unha muller embarazada sen danar ao feto, por iso o consumo cero é a mellor solución para manter sa a vida do bebé.
En España, un de cada mil bebés padecen esta enfermidade que, sen ser partícipes, terán que levar con eles o resto da súa vida, xa que non existe posible cura. Nos primeiros anos, os síntomas poden ser de carácter leve pero débese ter en conta que co paso do tempo agrávanse e poden dar lugar a esquizofrenia, violencia, trastornos sexuais, retraso mental e diversos problemas noutras ramas do desenvolvemento, así como diversas características físicas que permiten diferencialos: ollos resgados e pequenos, labio superior liso, cabeza de pequeno tamaño…
En Galicia nace a SFAE (Síndrome Feto Alcohol España) a primeira asociación para o tratamento e axuda desta enfermidade. Os pais desta asociación, Iago Patiño e Eva Martínez, aseguran que o obxectivo principal é informar e dar a coñecer o perigo do consumo de alcohol durante o embarazo xa que unicamente mediante a información poderá combaterse dito síndrome.
Patiño ademais de ser un dos fundadores da SFAE, enfrontouse ao problema nas súas propias carnes xa que fai agora 25 anos, adoptou a Jon, un dos moitos nenos afectados polo síndrome. Tal é como el asegura: << No caso do meu fillo, el estivo moi ben durante unha época, con moitas melloras, pero a partir dunha idade comezou a decaer, xa que é unha enfermidade sen cura>>.
“O TEU BEBÉ BEBE O MESMO QUE BEBES TI, COIDAO, COIDATE"
Ciclos: a información que recollo no meu post vai dedicada a mestres dos dous ciclos de infantil que abarcan de 0-3 e de 3-6 anos.
Área de coñecemento: esta información abarca as tres áreas de coñecemento existentes na Educación Infantil: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, coñecemento do entorno e linguaxes: comunicación e representación; xa que os mestres que empreguen esta información deben aplicala a todas as areas existentes, tanto individualmente co neno/a afectado, como co entorno do mesmo e tamén na comunicación cos demais.
Bloque de contidos: área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal:o corpo e a propia imaxe, xogo e movemento, a actividade cotiá, o coidado persoal e a saúde; área de coñecemento do entorno: medio físico, elementos, relacións e medida, aproximación á natureza, cultura e vida en sociedade; área de linguaxes: comunicación e representación: linguaxe verbal, linguaxe artístico: plástico-musical-corporal, linguaxe audiovisual.
Criterios de avaliación: a avaliación dos alumnos será global, continua e formativa; empregarase a observación directa e sistemática. Servirá para analizar os aprendizaxes de cada neno/a así como o ritmo e características de desenvolvemento. Ademais da avaliación dos alumnos levarase a cabo a propia avaliación dos mestres e da súa practica educativa para ver se os métodos empregados dan os resultados axeitados. Os resultados que obteñan os alumnos/as, así como os problemas ou dificultades que vaian aparecendo serán transmitidos os pais, nais ou titores dos mesmos.
Fonte de documentación: o comentario do vídeo e da noticia é de elaboración propia baseándome nos dous elementos anteriormente citados e nas seguintes páxinas das que obtiven información:
A inxesta de alcohol, durante os meses de embarazo, representa una gran risco para a saúde do bebé que vai nacer. Será o neonato que sufrirá as consecuencias dos malos hábitos ou da falla de coidado da súa nai, para o resto da súa vida. En Estados Unidos, estímase que de cada 750 bebés, un nace cun cadro de problemas físico, mentais, evolutivos e funcionais, coñecido como síndrome de alcolismo fetal (SAF).
Os especialistas afirman que a mellos forma para evitar o SAF, é previlo. ¿Como? Pois NON bebendo nin unha soa gota de alcol (entre as bebidas alcólicas non permitidas está incluida a cervexa, o viño e os licores) durante o embarazo. O alcol é perigoso, e non existen probas que permitan determinar exactamente que cantidade de alcol provocará anomalías conxénitas. Cada muller metaboliza o alcol de diferentes maneiras. O alcol atravesa facilmente a barreira placentaria e o feto non está tan preparado como a nai para eliminalo. Cando recibe unha concentración alta desta sustancia, permanece no seu organismo máis tempo, causándolle algunhas lesións.
O SAF non ten cura. No obstante, existen estudos que revelan que un diagnóstico temperá, é dicir, antes dos 5 anos de idade, xunto a un crecemento e un entorno educativo estable, pode melloras o cadro do neno con SAF, a longo prazo. É aí onde temos que intervir.Durante os tres primeiros meses do embarazo, cando o feto está desenvolvendo o seu cerebro, inxerir alcol é especialmente perigoso. Nesta etapa, o alcol evita que as conexións cerebrais do feto se formen adecuadamente. Iso non quere dicir que, nos meses posteriores, o alcol sexa menos nocivo. Está comprobado que durante os últimos meses, o alcol pode dañar gravemente o sistema nervioso do feto, que estará en pleno desenrolo.
As consecuencias do síndrome tenden a intensificarse á medida que os nenos se fan maiores. A esta idade, poden aparecer problemas de saúde mental, falta de iniciativa ou incapacidade para vivir con independencia, así como a desmotivación e falla de atención.
E nesto último, é no que quero centrarme, xa que como futura docente, podo topar con algún neno ou nena que presente un problema na aprendizaxe causado xa cando aínda era un feto.
Ciclos: 1º e 2º ciclo de educación infantil
Áreas de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal e coñecemento do entorno.
Criterios de avaliación: as persoas profesionais que desempeñan a súa función na Educación Infantil evaluarán, ademais dos procesos de aprendizaxe, a súa propia práctica educativa.
Fonte de documentación: http://www.guiainfantil.com/salud/embarazo/sindalcoholfetal.htm
Tras a información que aportaron as miñas compañeiras, decidín abordar máis este tema para axudar aos educadores a orientar aos país que teñen nenos con este síndrome, desde a miña perspectiva tamén de educadora.
O alcohol é a causa principal dos defectos físicos e mentais de nacemento que incluso supera en frecuencia aos da espiña bífida e o do síndrome de Down. Ademais é a droga que provoca que un feto en desenvolvemento sufra anormalidades máis graves que as que provocan a heroína, a cocaína ou a marihuana. Se una muller bebe durante o embarazo, arríscase de que sexa o seu propio bebé o que pague as irreversibles consecuencias, como mostran os post anteriores. O consumo de alcohol durante o embarazo pode ocasionar aborto espontáneo, parto de mortinato (o neno xa nace morto) ou parto prematuro. Aínda que hoxe en día non se sabe concretamente cal é cantidade de alcohol que pode danar ó feto, aconséllase que nin sequera se consuman aquelas bebidas alcólicas consideradas como “suaves”, como o viño ou a cervexa, posto que tamén son perxudiciais. Os defectos de nacemento e de desenvolvemento poden diferir dependendo do tempo que foi exposto o feto ao alcohol.
A medida que crece o neno con este problema, pódense desenvolver outros síntomas que tamén sería fundamental que os pais coñecesen para evitar a inxestión de alcohol durante o embarazo. Estes síntomas son:
· Dificultade para comer e durmir
· Retraso para aprender a falar
· Incapacidade de aprendizaxe
· Hiperactividade
· Baixo coeficiente intelectual
· Retraso mental
· Pouca coordinación
· Un rango corto de atención
· Problemas de comportamento
· Pouca capacidade para controlas os seus impulsos
· Problemas para socializar con outros nenos
OS EDUCADORES RECOMENDAMOS
Os pais deben estar precavidos de que non existen ningún tratamento para esta cura. Os nenos necesitan dun ambiente de apoio no que se manteñan as rutinas, se fixen regras simples, límites e consecuencias, no que se alaben as condutas desexables e no que non se lles ameace xa que a violencia incrementa que o risco de que o cativo aprenda a reaccionar de maneira similar. Os nenos con este síndrome necesitarán acudir a educación especial. As mulleres embarazadas e que son alcólicas débense vincular a un programa de rehabilitación para o consumo excesivo de alcol e someterse a un control estrito por parte dun médico durante todo o embarazo.
Algo moi conveniente sería que os pais acudisen a axuda profesional para aprende a lidiar co coidado dun neno con problemas de nacemento. Desde a miña perspectiva de educadora, considero que sería tamén importante que os pais acudisen con frecuencia a falar cos orientadores do centro escolar do seu fillo. A titora do mesmo, poderá facilitar as formas de comportamento que se deberán manter cos nenos que teñan este problema, para así poder diminuír os síntomas sinalados anteriormente que se desenvolven durante todo o crecemento dos mesmos. Ademais, os equipos de médicos poden traballar coas familias sobre estratexias educativas e condutais que se axusten mellor ás necesidades do neno.
A continuación, ofrézovos un vídeo que complementa un pouco máis a información anterior:
Ciclo: primeiro ciclo de 0 a 3 anos; e segundo ciclo de 3 a 6 anos.
Área de coñecemento:coñecemento do entorno.
Bloque de contidos:Cultura e vida en sociedade.
Criterios de avaliación:Recoñecemento de diversos aspectos sobre a familia. Coñecemento de diversos aspectos sobre a escola infantil. Sentimento de pertinencia aos grupos máis próximos e actitude de respeto e valoración cara as demáis persoas. interese e curiosidade polos acontecementos que suceden aos seu arredor. Identificación e adopción de comportamentos socialmente adecuados.
Fuente de documentacion:
Neste post atópanse actividades para mestres de educación infantil orientadas especialmente cara nenos con SAF (síndrome alcólico fetal). A pesares de ser una enfermidade totalmente evitable, afecta a un de cada mil nenos, e un deses nenos poden estar na nosa aula o día de mañá.
A SAF non ten cura, sen embargo existen estudos que revelan que un diagnóstico temperán, é dicir, antes dos 6 anos de idade, xunto cun crecemento nun entorno educativo estable, poden mellorar o cadro do neno con SAF a longo prazo, pois as consecuencias da síndrome tenden a intensificarse a medida que os nenos medran e se achegan á idade adulta. A esta idade, poden aparecer problemas de saúde mental, falta de iniciativa ou incapacidade para vivir con independencia.
O feito de que os síntomas se intensifiquen coa idade pode levar a que nos nenos pequenos se poida confundir con outros problemas ou enfermidades, por iso nós como educadores debemos de ter sempre os ollos ben abertos cos nosos rapaces.
Os síntomas máis comúns que presentan estes pequenos, ademais dalgúns trazos físicos mencionados en post anteriores, son:
-problemas de coordinación e de motricidade
-falta de imaxinación ou de curiosidade
-escasas habilidades sociais
-pouca memoria e concentración
A actividade suxerida a continuación fai que estes nenos traballen os problemas de coordinación e de memoria dunha forma atractiva. É unha actividade na que poden participar todos os nenos da clase, axudando á socialización dos rapaces con SAF. Trátase dun cantaxogos, e consiste en seguir uns pasos ao ritmo dunha canción.
Como esta pódense atopar na rede centos de actividades, que sen dúbida serán de grande axuda para nenos que padecen esta enfermidade.
Ciclo: 2º de Educación Infantil (de 3 a 6 anos)
Área de coñecemento. Linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos. Linguaxes artísticas: plástica-musical-corporal. Linguaxe audiovisual.
Criterios de avaliación. Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación e por compartir experiencias creativas. Utilizar a linguaxe audiovisual como vehículo de expresión e comunicación.