jueves, 22 de septiembre de 2011

Actividade para nenos con SAF

Neste post atópanse actividades para mestres de educación infantil orientadas especialmente cara nenos con SAF (síndrome alcólico fetal). A pesares de ser una enfermidade totalmente evitable, afecta a un de cada mil nenos, e un deses nenos poden estar na nosa aula o día de mañá.

A SAF non ten cura, sen embargo existen estudos que revelan que un diagnóstico temperán, é dicir, antes dos 6 anos de idade, xunto cun crecemento nun entorno educativo estable, poden mellorar o cadro do neno con SAF a longo prazo, pois as consecuencias da síndrome tenden a intensificarse a medida que os nenos medran e se achegan á idade adulta. A esta idade, poden aparecer problemas de saúde mental, falta de iniciativa ou incapacidade para vivir con independencia.

O feito de que os síntomas se intensifiquen coa idade pode levar a que nos nenos pequenos se poida confundir con outros problemas ou enfermidades, por iso nós como educadores debemos de ter sempre os ollos ben abertos cos nosos rapaces.

Os síntomas máis comúns que presentan estes pequenos, ademais dalgúns trazos físicos mencionados en post anteriores, son:

-problemas de coordinación e de motricidade
-falta de imaxinación ou de curiosidade
-escasas habilidades sociais
-pouca memoria e concentración

A actividade suxerida a continuación fai que estes nenos traballen os problemas de coordinación e de memoria dunha forma atractiva. É unha actividade na que poden participar todos os nenos da clase, axudando á socialización dos rapaces con SAF. Trátase dun cantaxogos, e consiste en seguir uns pasos ao ritmo dunha canción.




Como esta pódense atopar na rede centos de actividades, que sen dúbida serán de grande axuda para nenos que padecen esta enfermidade.


Ciclo: 2º de Educación Infantil (de 3 a 6 anos)

Área de coñecemento. Linguaxes: comunicación e representación.

Bloque de contidos. Linguaxes artísticas: plástica-musical-corporal. Linguaxe audiovisual.

Criterios de avaliación. Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación e por compartir experiencias creativas. Utilizar a linguaxe audiovisual como vehículo de expresión e comunicación.

Fontes de documentación.
http://fundacionintegrar.blogspot.com/2009/08/sindrome-alcoholico-fetal-saf-1era.html

http://www.guiainfantil.com/salud/embarazo/sindalcoholfetal.htm


Espero que sexa do voso interese.

Julia Soto Freire

No hay comentarios: