jueves, 22 de septiembre de 2011

O SÍNDROME ALCÓLICO FETAL




http://www.cuatro.com/noticias/dramaticos-efectos-alcohol-feto_3_1332496777.html

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/01/31/0003_201101G31P24991.htm



Este vídeo e esta noticia móstrannos de xeito claro e conciso, baseándose nunha historia real, os nocivos e irreparables danos que causa para o feto a inxecta de alcol durante o período do embarazo.
O síndrome alcólico fetal é 100% evitable, o único requisito imprescindible é que durante o embarazo a nai non tome ningún tipo de bebida ou alimento que conteña este compoñente; unha medida sinxela de prevención pero que en moitos casos non se ten en conta.
Hoxe en día os médicos son incapaces de determinar con rigor cal é a cantidade de alcol que pode consumir unha muller embarazada sen danar ao feto, por iso o consumo cero é a mellor solución para manter sa a vida do bebé.
En España, un de cada mil bebés padecen esta enfermidade que, sen ser partícipes, terán que levar con eles o resto da súa vida, xa que non existe posible cura. Nos primeiros anos, os síntomas poden ser de carácter leve pero débese ter en conta que co paso do tempo agrávanse e poden dar lugar a esquizofrenia, violencia, trastornos sexuais, retraso mental e diversos problemas noutras ramas do desenvolvemento, así como diversas características físicas que permiten diferencialos: ollos resgados e pequenos, labio superior liso, cabeza de pequeno tamaño…
En Galicia nace a SFAE (Síndrome Feto Alcohol España) a primeira asociación para o tratamento e axuda desta enfermidade. Os pais desta asociación, Iago Patiño e Eva Martínez, aseguran que o obxectivo principal é informar e dar a coñecer o perigo do consumo de alcohol durante o embarazo xa que unicamente mediante a información poderá combaterse dito síndrome.

Patiño ademais de ser un dos fundadores da SFAE, enfrontouse ao problema nas súas propias carnes xa que fai agora 25 anos, adoptou a Jon, un dos moitos nenos afectados polo síndrome. Tal é como el asegura: << No caso do meu fillo, el estivo moi ben durante unha época, con moitas melloras, pero a partir dunha idade comezou a decaer, xa que é unha enfermidade sen cura>>.


“O TEU BEBÉ BEBE O MESMO QUE BEBES TI, COIDAO, COIDATE"

Ciclos: a información que recollo no meu post vai dedicada a mestres dos dous ciclos de infantil que abarcan de 0-3 e de 3-6 anos.

Área de coñecemento:
esta información abarca as tres áreas de coñecemento existentes na Educación Infantil: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, coñecemento do entorno e linguaxes: comunicación e representación; xa que os mestres que empreguen esta información deben aplicala a todas as areas existentes, tanto individualmente co neno/a afectado, como co entorno do mesmo e tamén na comunicación cos demais.

Bloque de contidos: área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal:o corpo e a propia imaxe, xogo e movemento, a actividade cotiá, o coidado persoal e a saúde; área de coñecemento do entorno: medio físico, elementos, relacións e medida, aproximación á natureza, cultura e vida en sociedade; área de linguaxes: comunicación e representación: linguaxe verbal, linguaxe artístico: plástico-musical-corporal, linguaxe audiovisual.

Criterios de avaliación: a avaliación dos alumnos será global, continua e formativa; empregarase a observación directa e sistemática. Servirá para analizar os aprendizaxes de cada neno/a así como o ritmo e características de desenvolvemento. Ademais da avaliación dos alumnos levarase a cabo a propia avaliación dos mestres e da súa practica educativa para ver se os métodos empregados dan os resultados axeitados. Os resultados que obteñan os alumnos/as, así como os problemas ou dificultades que vaian aparecendo serán transmitidos os pais, nais ou titores dos mesmos.

Fonte de documentación: o comentario do vídeo e da noticia é de elaboración propia baseándome nos dous elementos anteriormente citados e nas seguintes páxinas das que obtiven información:

http://sindromealcoholicofetal.blogspot.com/

http://kidshealth.org/parent/en_espanol/embarazo/fas_esp.html


http://es.wikipedia.org/wiki/S%C3%ADndrome_alcoh%C3%B3lico_fetal



Espero que sexa do voso interese e os serva de axuda.
Un saúdo
Raquel Sarmiento Borrajo

2 comentarios:

Inglés Allariz dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Inglés Allariz dijo...

Como puiden observar os post estan relacionados co tema do alcol durante o embarazo. Eu considero que todas as nais embarazadas ou que queiran ter un filo/a deberían ler e ter en conta os aspectos que señalades. Moitas mulleres, por pouco que sexa, beben algo de alcol durante o embarazo e eso afecta o seu bebe.