A inxesta de alcohol, durante os meses de embarazo, representa una gran risco para a saúde do bebé que vai nacer. Será o neonato que sufrirá as consecuencias dos malos hábitos ou da falla de coidado da súa nai, para o resto da súa vida. En Estados Unidos, estímase que de cada 750 bebés, un nace cun cadro de problemas físico, mentais, evolutivos e funcionais, coñecido como síndrome de alcolismo fetal (SAF).
Os especialistas afirman que a mellos forma para evitar o SAF, é previlo. ¿Como? Pois NON bebendo nin unha soa gota de alcol (entre as bebidas alcólicas non permitidas está incluida a cervexa, o viño e os licores) durante o embarazo. O alcol é perigoso, e non existen probas que permitan determinar exactamente que cantidade de alcol provocará anomalías conxénitas. Cada muller metaboliza o alcol de diferentes maneiras. O alcol atravesa facilmente a barreira placentaria e o feto non está tan preparado como a nai para eliminalo. Cando recibe unha concentración alta desta sustancia, permanece no seu organismo máis tempo, causándolle algunhas lesións.
O SAF non ten cura. No obstante, existen estudos que revelan que un diagnóstico temperá, é dicir, antes dos 5 anos de idade, xunto a un crecemento e un entorno educativo estable, pode melloras o cadro do neno con SAF, a longo prazo. É aí onde temos que intervir.Durante os tres primeiros meses do embarazo, cando o feto está desenvolvendo o seu cerebro, inxerir alcol é especialmente perigoso. Nesta etapa, o alcol evita que as conexións cerebrais do feto se formen adecuadamente. Iso non quere dicir que, nos meses posteriores, o alcol sexa menos nocivo. Está comprobado que durante os últimos meses, o alcol pode dañar gravemente o sistema nervioso do feto, que estará en pleno desenrolo.
As consecuencias do síndrome tenden a intensificarse á medida que os nenos se fan maiores. A esta idade, poden aparecer problemas de saúde mental, falta de iniciativa ou incapacidade para vivir con independencia, así como a desmotivación e falla de atención.
E nesto último, é no que quero centrarme, xa que como futura docente, podo topar con algún neno ou nena que presente un problema na aprendizaxe causado xa cando aínda era un feto.
Ciclos: 1º e 2º ciclo de educación infantil
Áreas de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal e coñecemento do entorno.
Criterios de avaliación: as persoas profesionais que desempeñan a súa función na Educación Infantil evaluarán, ademais dos procesos de aprendizaxe, a súa propia práctica educativa.
Fonte de documentación: http://www.guiainfantil.com/salud/embarazo/sindalcoholfetal.htm
Espero sexa unha información do voso agrado.
Thais Vidal Novoa
1 comentario:
Parécenme realmente impactantes as cifras que mostras neste blog.Tiña entendido que o tabaco e o alcol eran nocivos nos rapaces, pero non sabia que o alcol fose tanto. A verdade é que as nais que deciden beber durante o embarazado son unhas incosncentes, penso que non se chegan a imaxinar o daño que lle poden causar ao seu fillo, que tal e como dia aqui pode derivar en síndrome de alcolimsso fetal. Non sexamos egoistas, xa que eles non poden decir por si mesmos,dependen de ti. Un saúdo.
Sheila Fernández Pérez
Publicar un comentario