Nesta segunda entrada propoño unha actividade que vai relacionada co tema desta semana e coas TIC. A actividade esta feita co programa Hot Potatoes, este recurso é moi interesante por que che permite elaborar os teus propios exercicios e comprobar dunha forma divertida se os teus alumnos comprenderon o explicado anteriormente.
O exercicio vai relacionado coa explicación que fai a miña compañeira Noelia no post anterior. Este exercicio consta de dúas columnas unha con números e na outra o proceso da vendima, o que teñen que facer é relacionar os números coas accións.
Ciclo: 2º Ciclo
Área de coñecemento: Coñecemento do entorno
Bloque de contidos: Medio físico: elementos, relacións e medida, Aproximación á natureza e linguaxe audiovisual.
Criterios de avaliación:
- Dar mostra do interese polo medio natural e os seus cambios
- Explorar os obxectos e elementos do entorno inmediato e actuar sobre eles.
- Comprender mensaxes orales diversos, mostrando unha actitude de esocita e respestuosa.
- Utilizar, na medida das suas posibilidades, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e comunicación.
Fonte de documentación: O exercicio foi feito por min
Espero que sexa da vosa axuda.
Ana Vázquez Álvarez
No hay comentarios:
Publicar un comentario