O consumo de alcol durante as fins de semana, sobre todo entre os xóvenes, converteuse nun problema de saúde pública. As investigacións desenroladas nos últimos trinta anos, demostraron que o consumo excesivo de alcol pode provocar graves trastornos físicos, psicolóxicos e do comportamento. O risco de padecer estes trastornos ao longo da vida é maior cando este consumo se inicia na adolescencia.
Por iso, creo que todo docente debería ter una charla cos seus alumnos na que lles explique que é o alcol, os efectos que produce, os riscos que ten o seu consumo e as enfermidades que produce. Creo que si atallamos este problema dese que son cativos, poderemos acabar con este problema de saúde pública que temos na actualidade.
Alcol :
É unha droga depresora do Sistema Nervioso Central que inhibe as funcións cerebrais. Inicialmente produce euforia, polo que se pode confundir con un estimulante, malia que non o sexa.
O principal compoñente das bebidas alcólicas é o etanol e o alcol etílico, e as bebidas poden ser:
- Fermentadas: gradación entre 4º e 15º
- Destiladas: resultado da destilación das fermentadas, entre 40º y 50º
Efectos inmediatos que produce no organismo:
O alcol inxerido absórbese no aparato dixestivo, logo pasa á circulación sanguínea, e pode permanecer no corpo ate 18 horas. Finalmente, é eliminado polo fígado, por iso, unha toma repetida desta substancia pode provocar danos letais no noso corpo.
Minutos despois de beber, poden aparecer uns efectos, dependendo da cantidade bebida e do corpo de cada un. Son os seguintes:
- Desinhibición
- Euforia
- Relaxación
- Aumento da sociabilidade
- Dificultade para falar
- Dificultade para asociar ideas
- Descordinación motora
- Intoxicación aguda (varía en función do peso, a idade e o estado de cada corpo)
Se o alcol en sangue supera os tres gramos por litro, pode aparecer somnolencia e incluso morte por parálise dos centros respiratorios e vasomotor.
Hai circunstancias que poden acelerar ou agravar os efectos do alcol:
- A idade: os xóvenes son máis sensibles aos efectos do alcol en actividades que teñan que ver ca memoria ou a aprendizaxe, e son máis resistentes que os maiores en actividades de coordinación motora.
- O peso e o sexo: o alcol afecta de forma máis grave a que menos masa corporal ten, normalmente ás mulleres, polo que nelas se pode producir moito máis fácil danos irreparables.
- A cantidade e a rapidez da inxesta: a máis alcol en menor tempo maiores posibilidades de intoxicación.
- A combinación con bebidas carbónicas (colas, tónicas…)
- A combinación con outras substancias: se mesturamos alcol con tranquilizantes ou sedantes, aumenta o efecto sedante do alcol. Se mesturamos con canabis, aumenta o efecto sedante de ambas sustancias, e se mesturamos con cocaína, diminúe o efecto sedante do alcol pero a toxicidade de ambas sustancias é maior que si se consumisen por separado.
Riscos e consecuencias do consumo de alcol:
A curto prazo:
- Intoxicación etílica
- Condutas de risco (embarazos non desexados, accidentes por conducir bébedos…)
A longo prazo:
- Hipertensión arterial, alteración do sono, gastrite, agresividade, úlceras, depresións, cirrose hepática, disfuncións sexuais, cardiopatías, deterioro cognitivo, demencia, cáncer, psicosis…
Alcolismo:
O risco de sufrir nun futuro alcolismo depende de varios factores:
- Vulnerabilidade individual
- Idade de inicio
- Cantidade que se bebe
Ciclo: 2º ciclo (3-6 anos)
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal e coñecemento do entorno.
Bloque de contidos: Cultura e vida en sociedade
Criterios de avaliación: as persoas profesionais que desempeñan a súa función na Educación Infantil avaliarán, ademais dos procesos de aprendizaxe, a súa propia práctica educativa.
Fonte de documentación: Cartafol de faitic, “arquivos de interese”
Espero sexa de grande utilidade.
Thais Vidal Novoa
No hay comentarios:
Publicar un comentario