A actividade que propoño, baseada no tema desta semana, A VENDIMA, é unha recreación a pequena escala, dentro do centro escolar, que terá por protagonistas aos propios nenos e nenas de segundo ciclo de educación infantil (de 3 a 6 anos) xuntos cos seus mestres e as nais e pais que desexen participar. Paréceme un xeito diferente e divertido para que os propios cativos poidan desenvolver por eles mesmos o que anteriormente o mestre explicoulles na aula.
Cunha semana de antelación os profesores enviarán unha circular mediante os alumnos avisando da actividade (lugar, hora e data) para que os pais e nais que queiran podan inscribirse e, desde xeito, ademais de axudar aos mestres na realización desta actividade, podan gozar dunha agradable tarde xunto os seus fillos e os compañeiros.
Dependendo do número total de nenos, organizaranse máis ou menos grupos (10 nenos/as como máximo por grupo) para que o ritmo sexa dinámico e todos teñan a posibilidade de estar facendo a actividade, eliminando así os tempos mortos. Tanto os mestres como os adultos serán repartidos por igual entre os grupos para axudar aos pequenos na realización e supervisar que todo se desenvolva de xeito correcto. Se é necesario, debido a que o número de nenos é moi elevado e os adultos responsables non son suficientes, pedírase a participación de un ou máis profesores de apoio, segundo sexa preciso.
Os materiais necesarios para a realización da actividade son:
- Un caldeiro de goma cada dous alumnos (material aportado polo centro).
- Os nenos e nenas deben ir equipados con botas de goma ou similares as de choiva e con roupa deportiva para a realización cómoda da actividade.
- Acios (material aportado polo centro).
A medida que se vaia desenvolvendo a actividade requirirase a participación dos nenos para que sexan eles mesmos os que vaian explicando os diferentes pasos do proceso da elaboración do mosto, deste xeito os mestres poderán saber se os conceptos previamente explicados foron comprendidos polos cativos.
Ademais disto, a actividade axudará a que os nenos aprendan a traballar en equipos, coñézanse máis os uns e os outros e tamén fortalezan os lazos cos mestres, pais e nais e os seus propios compañeiros.
Ciclo: segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos).
Área de coñecemento: coñecemento do entorno.
Bloque de contidos: aproximación á natureza.
Criterios de avaliación: identificar os conceptos aprendidos anteriormente e demostralos de xeito práctico; preguntar e formular hipóteses baseadas nas experiencias cos obxectos e materiais; identificar os elementos do espazo topográfico; relacionar cada actividade profesional cos elementos que a identifican.
Área de coñecemento: coñecemento do entorno.
Bloque de contidos: aproximación á natureza.
Criterios de avaliación: identificar os conceptos aprendidos anteriormente e demostralos de xeito práctico; preguntar e formular hipóteses baseadas nas experiencias cos obxectos e materiais; identificar os elementos do espazo topográfico; relacionar cada actividade profesional cos elementos que a identifican.
Ademais será avaliable a actitude fronte a actividade, os compañeiros e os mestres, así como o bo funcionamento do grupo e o traballo en equipo.
Fonte de documentación:
A actividade é de elaboración propia.
Espero que sexa do voso interese e os serva de axuda.
Raquel Sarmiento Borrajo
No hay comentarios:
Publicar un comentario