viernes, 7 de octubre de 2011

A VENDIMA

Nas próximas entradas centrarémonos en explicarlles aos cativos as diferentes bebidas alcólicas dunha maneira máis divertida e educativa, que tamén lle facilitará o traballo a vós os docentes. Lembrádevos de recordarlle aos nenos que calquera bebida alcólica é perigosa para a saúde, aínda que neste caso adoptamos as diferentes bebidas de forma educativa.
Este primeiro post servirá de referencia para que aos educadores lles sexa moito máis doada a explicación na aula deste primeiro tema: A vendima. Para isto, realicei un pequeno Power Point con algunhas imaxes que se caracterizan con todo o proceso da vendima e a continuación aporto a miña propia explicación deste proceso, xa que nalgunhas situacións pode resultar complicado a explicación aos cativos destas bebidas tan perxudiciais para a saúde.

POWER POINT

https://docs.google.com/present/view?id=dc73g77k_1gjzdvhf2


EXPLICACIÓN

Durante todo o ano, cóidanse as uvas ata que todas elas alcancen o grao, a cor e a acidez óptima para a súa recollida. O proceso da vendima realízase a man e por paraxes e selecciónanse as uvas individualmente en función do seu estado de maduración. Para desprender os acios de uva da cepa, os vendimadores empregan “corquetes” (coitelos curvos). Durante o proceso de vendima débese ter especial coidado de que todo o material que entra en contacto coas uvas estea en perfecto estado e limpo. O froito recollido deposítase en cestos de vimbio e en “comportas” de madeira. Estes recipientes son cargados en tractores e una vez que as uvas cheguen á bodega comeza inmediatamente o longo proceso de elaboración do viño.

Ciclo: segundo ciclo de 3 a 6 anos.
Área de coñecemento: coñecemento do entorno.
Bloque de contidos: aproximación á natureza.
Criterios de avaliación: identifica as propiedades físicas empregando os seus sentidos; pregunta e formula hipóteses baseadas nas experiencias cos obxectos e materiais; identifica os elementos do espazo topográfico; relaciona cada actividade profesional cos elementos que a identifican.
Fonte de documentación:
http://www.tierradevino.com/vendimia/2vendimia.htm


O Power Point está realizando por min.

Espero que sexa da vosa axuda.
Noelia Pérez López

No hay comentarios: